Benvidos e benvidas ao 3º TRIMESTRE!!


Espero que descansarades e o pasarades moi ben durante estas vacacións de Semana Santa. Agora toca traballar de novo💪💪.

Ao igual que fixemos no trimestre pasado, durante o tempo que estean suspendidas as clases, irei subindo actividades de repaso das diferentes áreas para que as descarguedes e así as poidades realizar.

** Se alguén ten problema para enviarme as tarefas ao correo electrónico atram88aya@gmail.com, avisádeme e buscamos outra vía.


Non dubidedes en contactar comigo para calquera aclaración. VÉMONOS PRONTO!

domingo, 22 de marzo de 2020

CHEGOU A PRIMAVERA

O venres cambiamos de estación, dando a benvida á PRIMAVERA 🌹🌼🌻
Para celebralo gustariame que mirásedes pola fiestra das vosas casas: as árbores florecer, as bolboretas voar, escoitade os paxariños cantar... e con todo iso fagades un debuxo ben fermoso sobre a primavera.

Aquí vos deixo unha canción para que bailedes e cantedes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario