Benvidos e benvidas ao 3º TRIMESTRE!!


Espero que descansarades e o pasarades moi ben durante estas vacacións de Semana Santa. Agora toca traballar de novo💪💪.

Ao igual que fixemos no trimestre pasado, durante o tempo que estean suspendidas as clases, irei subindo actividades de repaso das diferentes áreas para que as descarguedes e así as poidades realizar.

** Se alguén ten problema para enviarme as tarefas ao correo electrónico atram88aya@gmail.com, avisádeme e buscamos outra vía.


Non dubidedes en contactar comigo para calquera aclaración. VÉMONOS PRONTO!

sábado, 28 de marzo de 2020

BOLETÍN DE NOTAS 2º TRIMESTRE

Tal e como se anuncia na páxina web do centro, o próximo 3 de abril publicaranse as notas do segundo trimestre. Para que poidades velas é necesario que descarguedes a app abalarMovil, totalmente gratuíta.
Esta é outra forma para contactar comigo, xa que ten a opción de enviar mensaxes. 
Aproveito para mandarvos unha forte aperta.
Vémonos prontiño!!😃😊

venres, 27 de marzo de 2020

xoves, 26 de marzo de 2020

TAREFAS VENRES 27-03-2020

Hora de ler
Durante 10-15 minutos, cada neno/a realizará unha lectura silenciosa, sen axuda. Será el/ela quen escolla un libro, o que máis lle guste. 
Os adultos non deberemos intervir.

Matemáticas
Ficha

Lingua galega
Ficha


Inglés
Continuar coas tarefas subidas o Martes 17-03-2020
Podedes enviarllas directamente ao teacher Rafa rafaelrodriguez@edu.xunta.gal ou enviarmas a min xunto co resto das actividades das demais áreas. 

Música 
Boas tardes prezado alumnado de PRIMEIRO, espero que estedes todos moi ben.
Esta semana propóñovos que lembredes a canción que tanto vos gusta, "La bomba Chita" e que lla ensinedes a vosa familia para alegrar un pouco o día. Tamén podedes xogar con eles o "Xogo das estatuas" pero tede coidado de non romper nada.
Pasádeo ben, e lembrade que nos momentos nos que estamos tristes a música pódenos axudar moito.
Moito ánimo para todos!
Un abrazo moi grande
!

Plástica
Como estamos na primavera, propóñovos que cada un de vós faga ou debuxe unha flor e a decore con cousas que atope pola casa (garavanzos, lentellas, macarróns, botóns, teas…) TODO O QUE SE VOS OCORRA. Estas manualidades podédelas facer sobre cartón (caixa de galletas, zapatos...)
Con elas, cando volvamos ao cole decoraremos o mural da clase.
Seguro quen van quedar chulísimas!!
Aquí vos deixo uns exemplos:
                    


mércores, 25 de marzo de 2020

TAREFAS XOVES 26-03-2020


Hora de ler
Durante 10-15 minutos, cada neno/a realizará unha lectura silenciosa, sen axuda. Será el/ela quen escolla un libro, o que máis lle guste. 
Os adultos non deberemos intervir.



Lingua galega
Comezamos vendo este conto. Despois explicámoslle a un adulto:

  • Quen é Marjorie?
  • Por que está triste?
  • Como lle axudaron as súas amigas as pitas?
  • Que pasa ao final do conto?
Agora podes facer un debuxo sobre o conto. Recorda poñer o título!
Daniel

 Adam

Matemáticas

Relixión
HOLA FAMILIAS, AQUÍ OS DEJO UNOS ENLACES PARA QUE VUESTROS PEQUES SE ENTRETENGAN JUANDO Y APRENDIENDO AL MISMO TIEMPO.
DESEO QUE TODOS ESTÉIS BIEN Y QUE PRONTO PODAMOS VERNOS.
UN SALUDO MUY CARIÑOSO.
LA PROFE DE RELI.


Lingua castelá

Ciencias da natureza

Tamén vos deixo dous xogos para traballar con animais salvaxes e domésticos.

martes, 24 de marzo de 2020

TAREFAS MÉRCORES 25-03-2020

Hora de ler
Durante 10-15 minutos, cada neno/a realizará unha lectura silenciosa, sen axuda. Será el/ela quen escolla un libro, o que máis lle guste. 
Os adultos non deberemos intervir.

Lingua castelá

Ficha 

Matemáticas
Ficha

Educación Física
Continuamos coas sesións subidas o Luns 23-03-2020 

Ciencias sociais

Comezamos escoitando a canción das estacións e continuamos coa ficha.

Lingua galega

Ficha

luns, 23 de marzo de 2020

TAREFAS MARTES 24-03-2020

Ciencias sociais
Comezamos cunha lectura silenciosa, sen axuda, durante 15-20 minutos, na que cada neno/a escolle o libro que prefira.
Ficha

Lingua castelá
Ficha

Inglés
Continuar coas tarefas subidas o Martes 17-03-2020
Podedes enviarllas directamente ao teacher Rafa rafaelrodriguez@edu.xunta.gal ou enviarmas a min xunto co resto das actividades das demais áreas. 

Matemáticas
Como cada martes toca traballar o razoamento e a lóxica matemática mediante o xogo. Neste caso propoño as seguintes páxinas online:
Xogo 1
Xogo 2
Xogo 3

Ciencias da natureza
Tras visualizar este vídeo debedes escribir na libreta:
1. Unha curiosidade sobre un animal mamífero 
2. Os animais mamíferos que aparecen
3. Pensar noutros tres animais mamíferos, podes debuxalos ou recortalos dalguha revista.

domingo, 22 de marzo de 2020

TAREFAS LUNS 23-03-2020

Lingua galega
Comezamos cunha lectura silenciosa, sen axuda, durante 15-20 minutos, na que cada neno/a escolle o libro que prefira. 
Traballamos coa poesía.
* A gravación (so audio ou vídeo) é un traballo voluntario que podedes enviar ao longo da semana

Matemáticas

Ficha

Lingua castelá
Ficha
Deixovos uns xogos para traballar as letras do abecedario
Xogo 1
Xogo 2
PD: É necesario ter activado o Adobe Flash Player para realizar as actividades online

Educación física

Ciencias sociais
Ficha


SE TENDES CALQUERA TIPO DE DÚBIDA OU NECESITADES CONTACTAR COMIGO RECORDADE QUE PODEDES FACELO A TRAVÉS DO CORREO ELECTRÓNICO
atram88aya@gmail.com

APRENDEMOS NA CASA

COMO PODES VER NA WEB DO COLE, TRÁTANSE DE INICIATIVAS QUE COMPLEMENTAN A APRENDIZAXE

O Ministerio de Educación en colaboración coa RTVE, pon en marcha Aprendemos na casa, unha iniciativa que busca facilitar a aprendizaxe durante a suspensión da actividade lectiva presencial.
Está especialmente dirixida aos estudantes de familias socialmente máis vulnerables e que carecen de recursos para seguir as actividades on -line ou con dificultades de conexión á rede.
Trátase dunha programación semanal de cinco horas diarias de contidos educativos que se emitirá en aberto de luns a venres en Clan TV (alumnado de educación primaria) e na 2 de TVE (alumnado de educación secundaria).

Tamén a Televisión de Galicia vai emitir, desde o luns e pola súa segunda canle, a G2, un bloque de programación educativa. De luns a venres, entre as 11.00 e as 13.00 horas.

CHEGOU A PRIMAVERA

O venres cambiamos de estación, dando a benvida á PRIMAVERA 🌹🌼🌻
Para celebralo gustariame que mirásedes pola fiestra das vosas casas: as árbores florecer, as bolboretas voar, escoitade os paxariños cantar... e con todo iso fagades un debuxo ben fermoso sobre a primavera.

Aquí vos deixo unha canción para que bailedes e cantedes.