Benvidos e benvidas ao 3º TRIMESTRE!!


Espero que descansarades e o pasarades moi ben durante estas vacacións de Semana Santa. Agora toca traballar de novo💪💪.

Ao igual que fixemos no trimestre pasado, durante o tempo que estean suspendidas as clases, irei subindo actividades de repaso das diferentes áreas para que as descarguedes e así as poidades realizar.

** Se alguén ten problema para enviarme as tarefas ao correo electrónico atram88aya@gmail.com, avisádeme e buscamos outra vía.


Non dubidedes en contactar comigo para calquera aclaración. VÉMONOS PRONTO!

xoves, 26 de marzo de 2020

TAREFAS VENRES 27-03-2020

Hora de ler
Durante 10-15 minutos, cada neno/a realizará unha lectura silenciosa, sen axuda. Será el/ela quen escolla un libro, o que máis lle guste. 
Os adultos non deberemos intervir.

Matemáticas
Ficha

Lingua galega
Ficha


Inglés
Continuar coas tarefas subidas o Martes 17-03-2020
Podedes enviarllas directamente ao teacher Rafa rafaelrodriguez@edu.xunta.gal ou enviarmas a min xunto co resto das actividades das demais áreas. 

Música 
Boas tardes prezado alumnado de PRIMEIRO, espero que estedes todos moi ben.
Esta semana propóñovos que lembredes a canción que tanto vos gusta, "La bomba Chita" e que lla ensinedes a vosa familia para alegrar un pouco o día. Tamén podedes xogar con eles o "Xogo das estatuas" pero tede coidado de non romper nada.
Pasádeo ben, e lembrade que nos momentos nos que estamos tristes a música pódenos axudar moito.
Moito ánimo para todos!
Un abrazo moi grande
!

Plástica
Como estamos na primavera, propóñovos que cada un de vós faga ou debuxe unha flor e a decore con cousas que atope pola casa (garavanzos, lentellas, macarróns, botóns, teas…) TODO O QUE SE VOS OCORRA. Estas manualidades podédelas facer sobre cartón (caixa de galletas, zapatos...)
Con elas, cando volvamos ao cole decoraremos o mural da clase.
Seguro quen van quedar chulísimas!!
Aquí vos deixo uns exemplos:
                    


Ningún comentario:

Publicar un comentario