Benvidos e benvidas ao 3º TRIMESTRE!!


Espero que descansarades e o pasarades moi ben durante estas vacacións de Semana Santa. Agora toca traballar de novo💪💪.

Ao igual que fixemos no trimestre pasado, durante o tempo que estean suspendidas as clases, irei subindo actividades de repaso das diferentes áreas para que as descarguedes e así as poidades realizar.

** Se alguén ten problema para enviarme as tarefas ao correo electrónico atram88aya@gmail.com, avisádeme e buscamos outra vía.


Non dubidedes en contactar comigo para calquera aclaración. VÉMONOS PRONTO!

venres, 1 de maio de 2020

MEDIOS DE TRANSPORTE CON MATERIAL RECICLADO

Collendo unha botella de plástico, uns brick, rollo de papel ou uns cartón obtéñense resultados tan expectaculares coma estes. FELICIDADES ARTISTAS, e por suposto, FAMILIAS

Eric co seu avión


Nico coa súa avioneta



David coa súa avioneta



Daniel co seu coche de carreiras


Leyre coa súa ambulancia


Nerea co seu avión 

Nerea tamén vos quere ensinar unha foto moi especial. Sabedes quen está dentro, recoñecédela?? Si, si.. é Nerea metida nun coche que fixo con latas de refresco a súa nai. Que gran traballo!!
 



Adam co seu cohete



Álex co seu coche

NORMAS PARA SAÍR A RÚA

Mirade que mensaxe máis bonita nos envía Nerea 💖💖

Os nenos e nenas de 1º témolo moi claro!
Estes son algúns conselliños para saír a rúa.





mércores, 29 de abril de 2020

TAREFAS XOVES, 30-04-2020

Hora de ler
Durante 10-15 minutos, cada neno/a realizará unha lectura silenciosa, sen axuda. Será el/ela quen escolla un libro, o que máis lle guste. 
Os adultos non deberemos intervir.

Como hoxe é un día especial propoño menos actividades do habitual, por iso so están tres áreas no canto de cinco.

Lingua galega
Ímos facer un ditado. 
Así que, colle o teu caderno e escribe a data.
Na seguinte liña escribe DITADO, podes repasar estas letras con rotulador.

Gustaríame que o fixesen sen axuda. É normal que escriban palabras xuntas, que salten algunha letra ou incluso palabra... non pasa nada. Recórdenlles que deben escribir maiuscula ao comezar a escribir e nos nomes de persoa; así coma o punto ao final das frases.

Matemáticas
Ficha

Religión
A profe Esther proponvos a seguinte actividade.

¿Por qué está encima del árbol la jirafa?


Según Adam porque:

Según Daniel porque:

Según David porque:

Según Eric porque:

Según Leyre porque:


martes, 28 de abril de 2020

TAREFAS MÉRCORES, 29-04-2020

Hora de ler
Durante 10-15 minutos, cada neno/a realizará unha lectura silenciosa, sen axuda. Será el/ela quen escolla un libro, o que máis lle guste. 
Os adultos non deberemos intervir.

Lingua castelá

Matemáticas
Comenzamos con un dictado de números. Primero los escribimos con número y después con letra:
6 - 14 -  25 - 74 - 88 

Ahora vamos a resolver dos de los problemas que habéis inventado. (El autor/autora de cada problema no tiene que volver a resolver el suyo)

No hace falta copiarlos, ponemos en el cuaderno PROBLEMA 1, lo resolvemos y escribimos la solución. Lo mismo con el PROBLEMA 2.


Educación física
Continuamos coas actividades  propostas por a profe Paula.
(Se vos resulta máis fácil e cómodo podedes enviarme por WhatsApp o vídeo que pide a profe.)

Lingua galega
Copia no teu caderno e con moi boa letra o texto " O disfrace do pirata" (texto que traballamos o venres pasado)

Ciencias sociais 
Seguindo na liña dos días anteriores, ímos traballar os conceptos  de tempo ANTES - DURANTE - DESPOIS
Como seguramente moitos de vós xa saistes a dar un paseo ou xogar coa bici ou cos patíns fóra das vosas casas. Quero que fagades un debuxo e me expliquedes o que hai que facer antes, durante e despois de saír á rúa.

luns, 27 de abril de 2020

TAREFAS MARTES, 28-04-2020

Hora de ler
Durante 10-15 minutos, cada neno/a realizará unha lectura silenciosa, sen axuda. Será el/ela quen escolla un libro, o que máis lle guste. 
Os adultos non deberemos intervir.


Lingua castelá
Fíjate en la foto.. ¡¡UNA JIRAFA ESTÁ ABRAZADA A UN ÁRBOL!! ¿Qué crees que le pudo pasar  para acabar ahí encima?
Escribe en tu cuaderno tres posibles razones por las que pudo subir la jirafa al árbol.

Matemáticas
Como cada martes toca traballar o razoamento e a lóxica matemática mediante o xogo. Neste caso propoño as seguintes páxinas online:
Juego 1  

Inglés
O teacher xa vos deixou as indicacións no grupo WhatsApp.  

Ciencias sociais
Colle un calendario e escribe no teu caderno os meses do ano. Subliña  o mes no que naciches e escribe o día da semana  ao que caeu ou vai caer o teu aniversario (luns, martes, mércores, xoves, venres, sábado ou domingo).


Ciencias naturais 
Imos investigar sobre os anfíbios. Mira atentamente o vídeo e contesta as seguintes preguntas.
  • Son animais vivíparos ou ovíparos?
  • Son herbívoros ou carnívoros?
  • Por onde respiran?

domingo, 26 de abril de 2020

TAREFAS LUNS, 27-04-2020


Hora de ler
Durante 10-15 minutos, cada neno/a realizará unha lectura silenciosa, sen axuda. Será el/ela quen escolla un libro, o que máis lle guste. 
Os adultos non deberemos intervir.

Lingua galega
Recordades as adiviñas que creastes fai unhas semanas? Pois agora é o momento de que as leades con moita atención e intentedes adiviñalas:

(Pica na imaxe para acceder)
Escribimos as respostas no caderno. Non vos esquezades de poñer a data.
ADIVIÑA 1: _____________
ADIVIÑA 2: _____________


Matemáticas y Lengua castellana
Hoy vamos a trabajar las dos áreas conjuntamente. Cada uno de vosotros debe inventar y resolver un problema de suma y otro de resta. Haced buena letra porque después es el turno de vuestros compañeros/as, ellos también van a tener que resolverlos 😉

Educación Física 
A profe Paula deixavos novas sesións con actividades para facer deporte.
Os vídeos podedes enviarmos por WhatsApp a min ou por correo o profe Paula, o que vos sexa máis cómodo.

Ciencias sociales

PREPARAR AOS PEQUEN@S PARA O DESCONFINAMENTO

Dende o blog de orientación do cole propóñennos que lles leamos ou lean o conto "O OSO GOLOSO" da pscóloga infantil Carmen Esteban para explicarlles aos nenos e nenas o desconfinamento e para preparalos para a volta á rúa anticipando o día da saída, falando das súas emocións e preparando as normas que deben seguir durante ás saídas á rúa.