Benvidos e benvidas ao 3º TRIMESTRE!!


Espero que descansarades e o pasarades moi ben durante estas vacacións de Semana Santa. Agora toca traballar de novo💪💪.

Ao igual que fixemos no trimestre pasado, durante o tempo que estean suspendidas as clases, irei subindo actividades de repaso das diferentes áreas para que as descarguedes e así as poidades realizar.

** Se alguén ten problema para enviarme as tarefas ao correo electrónico atram88aya@gmail.com, avisádeme e buscamos outra vía.


Non dubidedes en contactar comigo para calquera aclaración. VÉMONOS PRONTO!

mércores, 29 de abril de 2020

TAREFAS XOVES, 30-04-2020

Hora de ler
Durante 10-15 minutos, cada neno/a realizará unha lectura silenciosa, sen axuda. Será el/ela quen escolla un libro, o que máis lle guste. 
Os adultos non deberemos intervir.

Como hoxe é un día especial propoño menos actividades do habitual, por iso so están tres áreas no canto de cinco.

Lingua galega
Ímos facer un ditado. 
Así que, colle o teu caderno e escribe a data.
Na seguinte liña escribe DITADO, podes repasar estas letras con rotulador.

Gustaríame que o fixesen sen axuda. É normal que escriban palabras xuntas, que salten algunha letra ou incluso palabra... non pasa nada. Recórdenlles que deben escribir maiuscula ao comezar a escribir e nos nomes de persoa; así coma o punto ao final das frases.

Matemáticas
Ficha

Religión
A profe Esther proponvos a seguinte actividade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario