Benvidos e benvidas ao 3º TRIMESTRE!!


Espero que descansarades e o pasarades moi ben durante estas vacacións de Semana Santa. Agora toca traballar de novo💪💪.

Ao igual que fixemos no trimestre pasado, durante o tempo que estean suspendidas as clases, irei subindo actividades de repaso das diferentes áreas para que as descarguedes e así as poidades realizar.

** Se alguén ten problema para enviarme as tarefas ao correo electrónico atram88aya@gmail.com, avisádeme e buscamos outra vía.


Non dubidedes en contactar comigo para calquera aclaración. VÉMONOS PRONTO!

luns, 27 de abril de 2020

TAREFAS MARTES, 28-04-2020

Hora de ler
Durante 10-15 minutos, cada neno/a realizará unha lectura silenciosa, sen axuda. Será el/ela quen escolla un libro, o que máis lle guste. 
Os adultos non deberemos intervir.


Lingua castelá
Fíjate en la foto.. ¡¡UNA JIRAFA ESTÁ ABRAZADA A UN ÁRBOL!! ¿Qué crees que le pudo pasar  para acabar ahí encima?
Escribe en tu cuaderno tres posibles razones por las que pudo subir la jirafa al árbol.

Matemáticas
Como cada martes toca traballar o razoamento e a lóxica matemática mediante o xogo. Neste caso propoño as seguintes páxinas online:
Juego 1  

Inglés
O teacher xa vos deixou as indicacións no grupo WhatsApp.  

Ciencias sociais
Colle un calendario e escribe no teu caderno os meses do ano. Subliña  o mes no que naciches e escribe o día da semana  ao que caeu ou vai caer o teu aniversario (luns, martes, mércores, xoves, venres, sábado ou domingo).


Ciencias naturais 
Imos investigar sobre os anfíbios. Mira atentamente o vídeo e contesta as seguintes preguntas.
  • Son animais vivíparos ou ovíparos?
  • Son herbívoros ou carnívoros?
  • Por onde respiran?

Ningún comentario:

Publicar un comentario