Benvidos e benvidas ao 3º TRIMESTRE!!


Espero que descansarades e o pasarades moi ben durante estas vacacións de Semana Santa. Agora toca traballar de novo💪💪.

Ao igual que fixemos no trimestre pasado, durante o tempo que estean suspendidas as clases, irei subindo actividades de repaso das diferentes áreas para que as descarguedes e así as poidades realizar.

** Se alguén ten problema para enviarme as tarefas ao correo electrónico atram88aya@gmail.com, avisádeme e buscamos outra vía.


Non dubidedes en contactar comigo para calquera aclaración. VÉMONOS PRONTO!

domingo, 26 de abril de 2020

PREPARAR AOS PEQUEN@S PARA O DESCONFINAMENTO

Dende o blog de orientación do cole propóñennos que lles leamos ou lean o conto "O OSO GOLOSO" da pscóloga infantil Carmen Esteban para explicarlles aos nenos e nenas o desconfinamento e para preparalos para a volta á rúa anticipando o día da saída, falando das súas emocións e preparando as normas que deben seguir durante ás saídas á rúa.




Ningún comentario:

Publicar un comentario