Benvidos e benvidas ao 3º TRIMESTRE!!


Espero que descansarades e o pasarades moi ben durante estas vacacións de Semana Santa. Agora toca traballar de novo💪💪.

Ao igual que fixemos no trimestre pasado, durante o tempo que estean suspendidas as clases, irei subindo actividades de repaso das diferentes áreas para que as descarguedes e así as poidades realizar.

** Se alguén ten problema para enviarme as tarefas ao correo electrónico atram88aya@gmail.com, avisádeme e buscamos outra vía.


Non dubidedes en contactar comigo para calquera aclaración. VÉMONOS PRONTO!

martes, 7 de abril de 2020

APETÉCECHE XOGAR?

Atopei unha recopilación de xogos ben divertidos, creados a partir de materiais sinxelos que seguro tedes nas vosas casa. Déixovos o vídeo por se vos apetece probar algún deles. So tedes que picar na imaxe para velo.

APROVEITADE AS VACACIÓNS PARA INVENTAR, CREAR E FACER MILLEIROS DE NOVAS COUSAS!!! 


domingo, 5 de abril de 2020

HOXE VAI DE MÚSICA

A profe Patri quedou abraida coas vosas creacións e a rapidez coa que as fixestes, e eu máis. 💙💚💜





Leyre




Nerea



Nico