Benvidos e benvidas ao 3º TRIMESTRE!!


Espero que descansarades e o pasarades moi ben durante estas vacacións de Semana Santa. Agora toca traballar de novo💪💪.

Ao igual que fixemos no trimestre pasado, durante o tempo que estean suspendidas as clases, irei subindo actividades de repaso das diferentes áreas para que as descarguedes e así as poidades realizar.

** Se alguén ten problema para enviarme as tarefas ao correo electrónico atram88aya@gmail.com, avisádeme e buscamos outra vía.


Non dubidedes en contactar comigo para calquera aclaración. VÉMONOS PRONTO!

martes, 17 de marzo de 2020

TAREFAS MÉRCORES 18-03-2020

Lingua galega
Comezamos cunha lectura silenciosa, sen axuda, durante 15-20 minutos, na que cada neno/a escolle o libro que prefira.
Ficha

Matemáticas
Ficha
Recordade rodear de azul os datos do problema e subliñar a pregunta de vermello.

Lingua castelá
Vemos o vídeo do conto "La ovejita que vino a cenar" e realizamos a ficha.

Ciencias sociais
Repasamos os elementos da paisaxe natural e urbana, a través de dous xogos
Xogo 1
Xogo 2

PD: É necesario ter activado o Adobe Flash Player para realizar as actividades online

luns, 16 de marzo de 2020

TAREFAS MARTES 17-03-2020

Lingua castelá
Comezamos cunha lectura silenciosa, sen axuda, durante 15-20 minutos, na que cada neno/a escolle o libro que prefira.
Ficha comprensión lectora
A continuación, copiarán o texto na libreta ou folio, sen esquecer poñer a data Martes, 17-3-2020.

Ciencias sociais
Ficha

Inglés
As tarefas son para realizar esta semana e a próxima.
Podedes enviarllas directamente ao teacher Rafa rafaelrodriguez@edu.xunta.gal

Matemáticas
Como cada martes toca traballar o razoamento e a lóxica matemática mediante o xogo. Neste caso propoño as seguintes páxinas online:
Xogo 3

Ciencias naturais
Completamos coa realización dos seguintes xogos online:
Xogo 1 (non é necesario rexistrarse, xogar como invitado)

PD: É necesario ter activado o Adobe Flash Player para realizar as actividades online

domingo, 15 de marzo de 2020

TAREFAS LUNS 16-03-2020

Lingua castelá
Cada día comezaremos dedicando os primeiros 15-20 minutos á lectura. Trátase dunha lectura silenciosa, sen axuda, na que cada neno/a escolle o libro que lle apetece. 
A continuación, se é posible, pedirémoslle que lea en voz alta durante uns tres ou catro minutos e farémoslle algunha pregunta sobre o lido.  
Matemáticas
Cando rematen, para traballar dunha forma máis divertida o número anterior e posterior, poden acceder aos seguintes xogos online pinchando nos enlaces:
Lingua Galega
Ciencias Sociais
Escribimos o nome e debuxamos:
  • Un animal carnívoro - salvaxe
  • Un animal ovíparo
Esta actividade farana na libreta os nenos/as que a teñan na casa. O resto nunha folla/folio. Comezarán escribindo a data Luns, 16-3-2020.