Benvidos e benvidas ao 3º TRIMESTRE!!


Espero que descansarades e o pasarades moi ben durante estas vacacións de Semana Santa. Agora toca traballar de novo💪💪.

Ao igual que fixemos no trimestre pasado, durante o tempo que estean suspendidas as clases, irei subindo actividades de repaso das diferentes áreas para que as descarguedes e así as poidades realizar.

** Se alguén ten problema para enviarme as tarefas ao correo electrónico atram88aya@gmail.com, avisádeme e buscamos outra vía.


Non dubidedes en contactar comigo para calquera aclaración. VÉMONOS PRONTO!

martes, 17 de marzo de 2020

TAREFAS MÉRCORES 18-03-2020

Lingua galega
Comezamos cunha lectura silenciosa, sen axuda, durante 15-20 minutos, na que cada neno/a escolle o libro que prefira.
Ficha

Matemáticas
Ficha
Recordade rodear de azul os datos do problema e subliñar a pregunta de vermello.

Lingua castelá
Vemos o vídeo do conto "La ovejita que vino a cenar" e realizamos a ficha.

Ciencias sociais
Repasamos os elementos da paisaxe natural e urbana, a través de dous xogos
Xogo 1
Xogo 2

PD: É necesario ter activado o Adobe Flash Player para realizar as actividades online

Ningún comentario:

Publicar un comentario