Benvidos e benvidas ao 3º TRIMESTRE!!


Espero que descansarades e o pasarades moi ben durante estas vacacións de Semana Santa. Agora toca traballar de novo💪💪.

Ao igual que fixemos no trimestre pasado, durante o tempo que estean suspendidas as clases, irei subindo actividades de repaso das diferentes áreas para que as descarguedes e así as poidades realizar.

** Se alguén ten problema para enviarme as tarefas ao correo electrónico atram88aya@gmail.com, avisádeme e buscamos outra vía.


Non dubidedes en contactar comigo para calquera aclaración. VÉMONOS PRONTO!

sábado, 28 de marzo de 2020

BOLETÍN DE NOTAS 2º TRIMESTRE

Tal e como se anuncia na páxina web do centro, o próximo 3 de abril publicaranse as notas do segundo trimestre. Para que poidades velas é necesario que descarguedes a app abalarMovil, totalmente gratuíta.
Esta é outra forma para contactar comigo, xa que ten a opción de enviar mensaxes. 
Aproveito para mandarvos unha forte aperta.
Vémonos prontiño!!😃😊

Ningún comentario:

Publicar un comentario