Benvidos e benvidas ao 3º TRIMESTRE!!


Espero que descansarades e o pasarades moi ben durante estas vacacións de Semana Santa. Agora toca traballar de novo💪💪.

Ao igual que fixemos no trimestre pasado, durante o tempo que estean suspendidas as clases, irei subindo actividades de repaso das diferentes áreas para que as descarguedes e así as poidades realizar.

** Se alguén ten problema para enviarme as tarefas ao correo electrónico atram88aya@gmail.com, avisádeme e buscamos outra vía.


Non dubidedes en contactar comigo para calquera aclaración. VÉMONOS PRONTO!

luns, 23 de marzo de 2020

TAREFAS MARTES 24-03-2020

Ciencias sociais
Comezamos cunha lectura silenciosa, sen axuda, durante 15-20 minutos, na que cada neno/a escolle o libro que prefira.
Ficha

Lingua castelá
Ficha

Inglés
Continuar coas tarefas subidas o Martes 17-03-2020
Podedes enviarllas directamente ao teacher Rafa rafaelrodriguez@edu.xunta.gal ou enviarmas a min xunto co resto das actividades das demais áreas. 

Matemáticas
Como cada martes toca traballar o razoamento e a lóxica matemática mediante o xogo. Neste caso propoño as seguintes páxinas online:
Xogo 1
Xogo 2
Xogo 3

Ciencias da natureza
Tras visualizar este vídeo debedes escribir na libreta:
1. Unha curiosidade sobre un animal mamífero 
2. Os animais mamíferos que aparecen
3. Pensar noutros tres animais mamíferos, podes debuxalos ou recortalos dalguha revista.

Ningún comentario:

Publicar un comentario