COMO PODES VER NA WEB DO COLE, TRÁTANSE DE INICIATIVAS QUE COMPLEMENTAN A APRENDIZAXE
O Ministerio de Educación en colaboración coa RTVE, pon en marcha Aprendemos na casa, unha iniciativa que busca facilitar a aprendizaxe durante a suspensión da actividade lectiva presencial.
Está especialmente dirixida aos estudantes de familias socialmente máis vulnerables e que carecen de recursos para seguir as actividades on -line ou con dificultades de conexión á rede.
Trátase dunha programación semanal de cinco horas diarias de contidos educativos que se emitirá en aberto de luns a venres en Clan TV (alumnado de educación primaria) e na 2 de TVE (alumnado de educación secundaria).

Tamén a Televisión de Galicia vai emitir, desde o luns e pola súa segunda canle, a G2, un bloque de programación educativa. De luns a venres, entre as 11.00 e as 13.00 horas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario