Benvidos e benvidas ao 3º TRIMESTRE!!


Espero que descansarades e o pasarades moi ben durante estas vacacións de Semana Santa. Agora toca traballar de novo💪💪.

Ao igual que fixemos no trimestre pasado, durante o tempo que estean suspendidas as clases, irei subindo actividades de repaso das diferentes áreas para que as descarguedes e así as poidades realizar.

** Se alguén ten problema para enviarme as tarefas ao correo electrónico atram88aya@gmail.com, avisádeme e buscamos outra vía.


Non dubidedes en contactar comigo para calquera aclaración. VÉMONOS PRONTO!

venres, 15 de maio de 2020

CONTOS DO MEU ANIMAL FAVORITO

Mirade os debuxos e escoitade os contos e historias que inventaron os vosos compañeiros/as

O animal favorito de ERIC é o GATO


O animal favorito de ADAM é o ARMADILLO


O animal favorito de DANIEL é o CAN


O animal favorito de NEREA é o CAN

O animal favorito de LEYRE é o GATO


O animal favorito de NICO é a VACA

O animal favorito de ÁLEX é o OSO

xoves, 14 de maio de 2020

TAREFAS VENRES, 15-05-2020

Hora de ler
Durante 10-15 minutos, cada neno/a realizará unha lectura silenciosa, sen axuda. Será el/ela quen escolla un libro, o que máis lle guste. 
Os adultos non deberemos intervir.

Lingua galega
Pica na imaxe e accede a un xogo para coñecer máis cousas de RICARDO CARVALHO CALERO. Anotade os números para resolver a mensaxe!!!

Matemáticas
Inglés 
Seguimos coas actividades propostas que enviou o teacher por WhatsApp

Música 
Picando aquí accederedes ao traballo proposto pola profe Patri no seu blog. Esta actividade é para esta e a semana próxima

Plástica 
Como ben sabedes o luns é o 17 de maio, DÍA DAS LETRAS GALEGAS. Pídovos a cada un de vós que escribades nun folio a palabra que vos tocou con letras grandes e as pintedes por dentro:
Se alguén non pode ou non quere realizar esta actividade , por favor, facédemo saber
DÍA: Adam
DAS: David
LETRAS: Nerea
GALEGAS: Alex
17: Paco
DE: Eric
MAIO: Pablo
2020: Xavi
RICARDO: Nico
CARVALHO: Daniel
CALERO: Leyre

Cando rematedes, debedes facervos unha foto en horizontal suxeitando a vosa palabra ou so o voso cartel para  que despois as poida xuntar todas e realizar un collage.

Tamén vos deixo un traballo por se queredes realizalo. Trátase de colorear, recortar e montar as pezas para facer o debuxo dunha pita.

ESTAMOS NO PALEOLÍTICO

PINTURAS RUPESTRES E FERRAMENTAS DO PALEOLÍTICO

Aléx

Nico


Daniel


Adam

Nerea

Leyre

Eric

mércores, 13 de maio de 2020

TAREFAS XOVES, 14-05-2020

Hora de ler
Durante 10-15 minutos, cada neno/a realizará unha lectura silenciosa, sen axuda. Será el/ela quen escolla un libro, o que máis lle guste. 
Os adultos non deberemos intervir.

Xa que hoxe é un día especial, temos videoconferia, propoño menos actividades do habitual, por iso so están tres áreas no canto de cinco.

Lengua castellana

Lingua galega
Volve ler o texto "As pitas baixo a choiva" co que traballamos onte, agora ímos facer un debuxo del. Non esquezas escribir o título e o nome do escritor.

Religión
Rematar a tarefa da semana pasada.

martes, 12 de maio de 2020

WEBEX

MAÑÁ TEMOS UNHA NOVA CITA EN WEBEX!!! 😁😀
A nosa hora de quedada é ás 11:15h.
Recordade mamás e papás PERMITIR o acceso á cámara e ao micro para que a videochamada se leve a cabo.
(Estes datos son para os que vos unides por primeira vez)
USUARIO: Nome completo do neno/a 
E-mail: nonresponder@edu.xunta.gal 

O link é o mesmo que da anterior vez:
https://eduxunta.webex.com/eduxunta/j.php?MTID=m2d99de746ac50eeb3ea81fcb908354ba

TAREFA MÉRCORES, 13-05-2020

Hora de ler

Durante 10-15 minutos, cada neno/a realizará unha lectura silenciosa, sen axuda. Será el/ela quen escolla un libro, o que máis lle guste. 
Os adultos non deberemos intervir.

Lengua castellana
Coge la ficha con la que trabajamos el lunes "Mi familia", rodea todos los nombres de persona y cópialos en tú libreta. Después elige una persona de tu familia y explícanos como es. Acompáñalo de un dibujo. 

Matemáticas


Educación física
Continuamos coas actividades  propostas por a profe Paula.

Lingua galega
Ficha

Ciencias sociais 
Propóñovos un experimento: elaborar un debuxo rupestre (son os que facían os nosos antepasados nas covas, debuxaban os animais que cazaban: mamuts, cervos, xabarís....) Para iso necesitaremos crear a tinta. 
Material:
  • 2 culleradas de café soluble
  • medio vaso de auga
  • pincel
Canto máis café, máis escura será a nosa pintura.
Aquí vos deixo un vídeo cunha pequena explicación:



ADAPTACIÓN DA PROGRAMACIÓN DA 3ª AVALIACIÓN

Debido a situación actual que estamos vivindo de non asistencia ao centro educativo e non avanzar con novos contido, todos os mestres adaptamos a programación didáctica para que responda a esta realidade.
No documento que figura debaixo, amósanse os estándares de aprendizaxe sobre os que imos traballar en cada área durante este trimestre, así como o proceso de avaliación e cualificación que se seguirá.
Se teñen algunha dúbida, por favor fáganma saber para aclarala canto antes. 
Un saúdo