Benvidos e benvidas ao 3º TRIMESTRE!!


Espero que descansarades e o pasarades moi ben durante estas vacacións de Semana Santa. Agora toca traballar de novo💪💪.

Ao igual que fixemos no trimestre pasado, durante o tempo que estean suspendidas as clases, irei subindo actividades de repaso das diferentes áreas para que as descarguedes e así as poidades realizar.

** Se alguén ten problema para enviarme as tarefas ao correo electrónico atram88aya@gmail.com, avisádeme e buscamos outra vía.


Non dubidedes en contactar comigo para calquera aclaración. VÉMONOS PRONTO!

venres, 19 de xuño de 2020

VÍDEO DE DESPEDIDA 1º EP

FELIZ VERÁN


Tamén vos deixo outros vídeos dos traballos que fixestes xunto co resto dos nenos/as do cole
MÚSICA
Picando no enlace podedes ver a mensaxe que vos deixa a profe Patri no seu blog

LENDAS- PROXECTO "SOMOS AUGA"
As lendas coas que traballastes e gravestes un audio: A lenda da Xacia, A da noite de San Xoán, O elefante e a choiva... recolléronse para formar parte, xunto coas dos compañeiros/as de segundo, dun programa de radio do cole.




Ningún comentario:

Publicar un comentario