Benvidos e benvidas ao 3º TRIMESTRE!!


Espero que descansarades e o pasarades moi ben durante estas vacacións de Semana Santa. Agora toca traballar de novo💪💪.

Ao igual que fixemos no trimestre pasado, durante o tempo que estean suspendidas as clases, irei subindo actividades de repaso das diferentes áreas para que as descarguedes e así as poidades realizar.

** Se alguén ten problema para enviarme as tarefas ao correo electrónico atram88aya@gmail.com, avisádeme e buscamos outra vía.


Non dubidedes en contactar comigo para calquera aclaración. VÉMONOS PRONTO!

martes, 16 de xuño de 2020

TAREFAS MÉRCORES 17-06-2020

Quen nos dará hoxe os bos días? 
Dálle ao play para descubrilo...

Hora de ler
Durante 10-15 minutos, cada neno/a realizará unha lectura silenciosa, sen axuda. Será el/ela quen escolla un libro, o que máis lle guste. 
Os adultos non deberemos intervir.

Lengua castellana
Coge lápiz y papel. Escribe lo que más te gustó de este curso y lo que vas a hacer este verano.

Educación física
Rematamos as sesións de actividades que deseñou a profe Paula para vós.

Ningún comentario:

Publicar un comentario