Benvidos e benvidas ao 3º TRIMESTRE!!


Espero que descansarades e o pasarades moi ben durante estas vacacións de Semana Santa. Agora toca traballar de novo💪💪.

Ao igual que fixemos no trimestre pasado, durante o tempo que estean suspendidas as clases, irei subindo actividades de repaso das diferentes áreas para que as descarguedes e así as poidades realizar.

** Se alguén ten problema para enviarme as tarefas ao correo electrónico atram88aya@gmail.com, avisádeme e buscamos outra vía.


Non dubidedes en contactar comigo para calquera aclaración. VÉMONOS PRONTO!

xoves, 18 de xuño de 2020

VENRES, 19-06-2020

POR FIN CHEGARON AS VACACIÓNS🎉🎉
Lista de cousas para facer:
💙 Bañarme na piscina
💚 Facer un castelo de area na praia
💛 Xogar cos meus amigos
💜 Xogar coa miña familia
🧡 Paseos infinitos, tanto en bici como andando
📚 Ler un pouco cada día
👄Contar historias que nos pasen no verán 
🖩   Facer algunha suma e resta

🤟🤟🤟🤟e desfrutar moito do verán!!!

_______________________________________________________________________________

Mañá ás 11:15h faremos unha videochamada por Webex para despedirnos.

O link desta vez é:
https://eduxunta.webex.com/eduxunta/j.php?MTID=md57edd7e98dd27dd3ecfd14378d275da


Ningún comentario:

Publicar un comentario