Benvidos e benvidas ao 3º TRIMESTRE!!


Espero que descansarades e o pasarades moi ben durante estas vacacións de Semana Santa. Agora toca traballar de novo💪💪.

Ao igual que fixemos no trimestre pasado, durante o tempo que estean suspendidas as clases, irei subindo actividades de repaso das diferentes áreas para que as descarguedes e así as poidades realizar.

** Se alguén ten problema para enviarme as tarefas ao correo electrónico atram88aya@gmail.com, avisádeme e buscamos outra vía.


Non dubidedes en contactar comigo para calquera aclaración. VÉMONOS PRONTO!

xoves, 14 de maio de 2020

TAREFAS VENRES, 15-05-2020

Hora de ler
Durante 10-15 minutos, cada neno/a realizará unha lectura silenciosa, sen axuda. Será el/ela quen escolla un libro, o que máis lle guste. 
Os adultos non deberemos intervir.

Lingua galega
Pica na imaxe e accede a un xogo para coñecer máis cousas de RICARDO CARVALHO CALERO. Anotade os números para resolver a mensaxe!!!

Matemáticas
Inglés 
Seguimos coas actividades propostas que enviou o teacher por WhatsApp

Música 
Picando aquí accederedes ao traballo proposto pola profe Patri no seu blog. Esta actividade é para esta e a semana próxima

Plástica 
Como ben sabedes o luns é o 17 de maio, DÍA DAS LETRAS GALEGAS. Pídovos a cada un de vós que escribades nun folio a palabra que vos tocou con letras grandes e as pintedes por dentro:
Se alguén non pode ou non quere realizar esta actividade , por favor, facédemo saber
DÍA: Adam
DAS: David
LETRAS: Nerea
GALEGAS: Alex
17: Paco
DE: Eric
MAIO: Pablo
2020: Xavi
RICARDO: Nico
CARVALHO: Daniel
CALERO: Leyre

Cando rematedes, debedes facervos unha foto en horizontal suxeitando a vosa palabra ou so o voso cartel para  que despois as poida xuntar todas e realizar un collage.

Tamén vos deixo un traballo por se queredes realizalo. Trátase de colorear, recortar e montar as pezas para facer o debuxo dunha pita.

Ningún comentario:

Publicar un comentario