Benvidos e benvidas ao 3º TRIMESTRE!!


Espero que descansarades e o pasarades moi ben durante estas vacacións de Semana Santa. Agora toca traballar de novo💪💪.

Ao igual que fixemos no trimestre pasado, durante o tempo que estean suspendidas as clases, irei subindo actividades de repaso das diferentes áreas para que as descarguedes e así as poidades realizar.

** Se alguén ten problema para enviarme as tarefas ao correo electrónico atram88aya@gmail.com, avisádeme e buscamos outra vía.


Non dubidedes en contactar comigo para calquera aclaración. VÉMONOS PRONTO!

domingo, 10 de maio de 2020

TAREFAS, LUNS 11-05-2020

Hora de ler
Durante 10-15 minutos, cada neno/a realizará unha lectura silenciosa, sen axuda. Será el/ela quen escolla un libro, o que máis lle guste. 
Os adultos non deberemos intervir.

Lingua galega
O luns próximo celébrase o DÍA DAS LETRAS GALEGAS, por ese motivo, durante esta semana traballaremos sobre dita conmemoración.
Primeiro imos ver un vídeo para coñecer o homenaxeado deste ano. Pon moita atención porque despois deberás responder a unhas preguntas:
  • Como se chama o homenaxeado?
  • En que cidade naceu?
  • Cal era o nome das súas fillas?

Agora elixe unha das actividades que nos recomendan dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Podedes entregalas ata o venres 15:
  • Realizar unha manualidade: cartel co nome do homenaxeado, un debuxo del...
  • Gravar un vídeo (en horizontal) co anaco dunha das súas obras.
    Pincha aquí para coñecelas en detalle.

    Matemáticas 

    Lengua castellana
    Primero leemos el texto y después realizamos las actividades pinchando en la imagen. 

    Educación Física 
    A profe Paula traevos novas sesións de traballo.

    Ciencias sociales
    Mira o vídeo con atención. Despois fai un debuxo dalgunha ferramenta que empregaban antigamente e sinala os materiais que a forman (por exemplo ósos e pau, pedra....)

    Ningún comentario:

    Publicar un comentario