Benvidos e benvidas ao 3º TRIMESTRE!!


Espero que descansarades e o pasarades moi ben durante estas vacacións de Semana Santa. Agora toca traballar de novo💪💪.

Ao igual que fixemos no trimestre pasado, durante o tempo que estean suspendidas as clases, irei subindo actividades de repaso das diferentes áreas para que as descarguedes e así as poidades realizar.

** Se alguén ten problema para enviarme as tarefas ao correo electrónico atram88aya@gmail.com, avisádeme e buscamos outra vía.


Non dubidedes en contactar comigo para calquera aclaración. VÉMONOS PRONTO!

luns, 11 de maio de 2020

INVENTORES

Ademais de ser uns excelentes artistas, tamén somos grandes pensadores, a nosa mente creativa é INMENSA; por iso diseñamos uns INVENTOS que facilitan a nosa vida.

Álex pensou nun GORROCÓPTERO e unha PORTA MÁXICA

Daniel pensou nun ROBOT que axude coas tarefas da casa

Eric pensou nunha MÁQUINA para falar con animais

Leyre pensou nunha TAZA INTELIXENTE

Nico pensou nunha LINTERNA e nunha CAPA INVISIBLE

Ningún comentario:

Publicar un comentario