Benvidos e benvidas ao 3º TRIMESTRE!!


Espero que descansarades e o pasarades moi ben durante estas vacacións de Semana Santa. Agora toca traballar de novo💪💪.

Ao igual que fixemos no trimestre pasado, durante o tempo que estean suspendidas as clases, irei subindo actividades de repaso das diferentes áreas para que as descarguedes e así as poidades realizar.

** Se alguén ten problema para enviarme as tarefas ao correo electrónico atram88aya@gmail.com, avisádeme e buscamos outra vía.


Non dubidedes en contactar comigo para calquera aclaración. VÉMONOS PRONTO!

domingo, 31 de maio de 2020

TAREFAS LUNS, 1-06-2020

Chegou o mes de xuño, o último mes do curso!!
Xa quedan pouquiños días para ter unhas merecidas vacacións de verán🌞🌞Por iso este mes imos seguir traballando pero un chisquiño menos😎 

Hora de ler
Durante 10-15 minutos, cada neno/a realizará unha lectura silenciosa, sen axuda. Será el/ela quen escolla un libro, o que máis lle guste. 
Os adultos non deberemos intervir.

Lingua galega
A semana pasada coñecemos a lenda das xacias e dos xacios, esta semana imos coñecer unha serea chamada Maruxaina.

Tamén vos deixo, se queredes escoitar a canción que fixeron Los Lunnis contando esta lenda.

Matemáticas
La ficha de matemáticas la podéis hacer:

Educación física
Continuamos coas sesións que vos propuxo a profe Paula.

Ningún comentario:

Publicar un comentario