Benvidos e benvidas ao 3º TRIMESTRE!!


Espero que descansarades e o pasarades moi ben durante estas vacacións de Semana Santa. Agora toca traballar de novo💪💪.

Ao igual que fixemos no trimestre pasado, durante o tempo que estean suspendidas as clases, irei subindo actividades de repaso das diferentes áreas para que as descarguedes e así as poidades realizar.

** Se alguén ten problema para enviarme as tarefas ao correo electrónico atram88aya@gmail.com, avisádeme e buscamos outra vía.


Non dubidedes en contactar comigo para calquera aclaración. VÉMONOS PRONTO!

luns, 1 de xuño de 2020

TAREFAS MARTES, 2-06-2020

PROPOSTA DE ACTIVIDADES DENDE A BIBLIO
Como sabedes este ano no cole estamos traballando o proxecto "Somos auga" e dende a biblioteca propóñenos unha actividade moi sinxela para realizar. Tedes de plazo toda a semana.. ANIMÁDEVOS!!

Hora de ler
Durante 10-15 minutos, cada neno/a realizará unha lectura silenciosa, sen axuda. Será el/ela quen escolla un libro, o que máis lle guste. 
Os adultos non deberemos intervir.

Ciencias sociais
Sabedes que este ano no cole estamos traballando o proxecto "Somos auga" así que, que vos parece se facemos un experimento con auga... creamos un volcán ou lampara de lava?
MATERIAL NECESARIO:
  • Bote ou vaso
  • Aceite
  • Auga
  • Pastilla efervescente 

Ciencias naturais
A auga é necesaria para todos os seres vivos: animais, persoas e plantas. Explica algunhas das razóns polas que é tan importante para as plantas?
Despois debuxa unha planta e sinala as súas partes:
  • Follas
  • Talo
  • Raíz
  • Flores
Inglés
Realizar as tarefas que vos mandou por WhatsApp o teacher.
Picando aquí podedes descargar as fichas coas que traballaredes esta semana.


Ningún comentario:

Publicar un comentario