Benvidos e benvidas ao 3º TRIMESTRE!!


Espero que descansarades e o pasarades moi ben durante estas vacacións de Semana Santa. Agora toca traballar de novo💪💪.

Ao igual que fixemos no trimestre pasado, durante o tempo que estean suspendidas as clases, irei subindo actividades de repaso das diferentes áreas para que as descarguedes e así as poidades realizar.

** Se alguén ten problema para enviarme as tarefas ao correo electrónico atram88aya@gmail.com, avisádeme e buscamos outra vía.


Non dubidedes en contactar comigo para calquera aclaración. VÉMONOS PRONTO!

mércores, 3 de xuño de 2020

TAREFAS XOVES, 4-06-2020

Hora de ler
Durante 10-15 minutos, cada neno/a realizará unha lectura silenciosa, sen axuda. Será el/ela quen escolla un libro, o que máis lle guste. 
Os adultos non deberemos intervir.

Lingua galega
Volve ler a lenda da Maruxaina, coa que traballamos o luns, agora é o momento de practicala e gravar un audio explicando de que trata. 

*Algúns so explicastes que son as xacias. Se vos apetece podedes gravar un audio contando a súa lenda.

Ciencias naturais
Monta o esqueleto e pégao na libreta ou nun folio, despois deberás sinalar onde están:
  • Cranio
  • Costelas
  • Falanxes
  • Fémur

Colorea tronco amarelo, extremidades azuis e cabeza rosa.

Relixión
Rematamos o traballo proposto pola profe Esther a semana pasada. (Ficha 2)

Ningún comentario:

Publicar un comentario