Benvidos e benvidas ao 3º TRIMESTRE!!


Espero que descansarades e o pasarades moi ben durante estas vacacións de Semana Santa. Agora toca traballar de novo💪💪.

Ao igual que fixemos no trimestre pasado, durante o tempo que estean suspendidas as clases, irei subindo actividades de repaso das diferentes áreas para que as descarguedes e así as poidades realizar.

** Se alguén ten problema para enviarme as tarefas ao correo electrónico atram88aya@gmail.com, avisádeme e buscamos outra vía.


Non dubidedes en contactar comigo para calquera aclaración. VÉMONOS PRONTO!

xoves, 28 de maio de 2020

TAREFAS VENRES, 29-05-2020

Escoitade quen nos desexa bo día hoxe...

Hora de ler
Durante 10-15 minutos, cada neno/a realizará unha lectura silenciosa, sen axuda. Será el/ela quen escolla un libro, o que máis lle guste. 

Os adultos non deberemos intervir.

Matemáticas

Lingua galega
Volve ler a lenda coa que traballaches onte. Agora quero que a practiques e graves un vídeo ou audio explicando que son as xacias e cal é a súa lenda.

Inglés
Rematamos o traballo que vos propuxo Rafa polo WhatsApp.

Música
Picade na imaxe para saber a nova tarefa que vos propón a profe Patricia


Plástica
Xa que esta semana estivemos traballando a lenda das xacias, propóñovos que fagades a barquiña do pescador
Aquí vos deixo un vídeo cuns pasos moi sinxeliños para que a fagades vós. Podedes decorala como queirades!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario