Benvidos e benvidas ao 3º TRIMESTRE!!


Espero que descansarades e o pasarades moi ben durante estas vacacións de Semana Santa. Agora toca traballar de novo💪💪.

Ao igual que fixemos no trimestre pasado, durante o tempo que estean suspendidas as clases, irei subindo actividades de repaso das diferentes áreas para que as descarguedes e así as poidades realizar.

** Se alguén ten problema para enviarme as tarefas ao correo electrónico atram88aya@gmail.com, avisádeme e buscamos outra vía.


Non dubidedes en contactar comigo para calquera aclaración. VÉMONOS PRONTO!

martes, 26 de maio de 2020

INFORMACIÓN IMPORTANTE

Como aparece na web do centro no caso do alumnado deste nivel, que promociona a segundo de educación primaria, o 11 de xuño dende ás 9:30h ata ás 14:30h, un familiar de cada neno/a debe acudir ao centro, os alumnos/as non poderán acceder, para:

  • Entregar a solicitude de axuda para libros e material (no caso de non facelo por vía electrónica)
  • Entregar os libros que teñan na casa prestados da biblioteca e/ou mochila viaxeira.
  • Recoller o material que cada neno/a teña no centro (tenis, libretas, pegamentos...)
Seredes atendidos por un membro do equipo directivo, que son os únicos que están autorizados. 
Se tedes dúbidas ou necesitades aclaración facédemo saber.
Un saúdo

Ningún comentario:

Publicar un comentario