Hora de ler
Durante 10-15 minutos, cada neno/a realizará unha lectura silenciosa, sen axuda. Será el/ela quen escolla un libro, o que máis lle guste.
Os adultos non deberemos intervir.
Lingua galega
Matemáticas
Vamos a trabajar la resta haciendo un puzzle
Inglés
Continuamos coas tarefas propostas polo teacher Rafa.
Música
Bos días! Espero que disfrutarades moito realizando a actividade da semana pasada.Nesta, ímonos converter en LUTIERS. E que é un lutier? Pois é unha persoa que CONSTRÚE INSTRUMENTOS. Así que collede material de refugallo que teñades pola casa e a crear!
Adxúntovos algúns exemplos para que fagades estes ou inventedes os vosos propios. Cando acabedes MANDADE UN PEQUENO VíDEO OU ALGUNHAS FOTOS para ver as vosas magníficas creacións. Non esquezades decoralo na medida do posible.
Unha aperta mooooi grande!
Saúdos
Mestra Patricia
Plástica
A semana pasada fixestes unhas flores CHULÍSIMAS😍😍 Para esta semana propóñovos que realicedes un animal empregando o material que se vos ocorra (botellas de plástico, rollos de papel hixiénico, pedras...) Imos facer unha paisaxe moi viva coas vosas flores e animais.
Aquí vos deixo uns exemplos:
TAREFA PARA SEMANA SANTA
Durante este tempo quero que leades un libro (en galego ou castelán), o que vós queirades, e que vos gravedes dicindo o título, o autor e a parte que máis vos gustou ou que nos expliquedes de que trataba o conto.
Algo curtiño 1 ou 2 minutos como máximo.
Primeiro tendes que practicalo varias veces para que vos saia SUPERBEN.
Espero as vosas tarefas.
Aquí vos deixo dous libros por se os queres ler. Soamente tendes que premer sobre o libro e xa o poderedes descargar.



Recordade que tendes a vosa disposición outros títulos no blog da biblioteca.
Ningún comentario:
Publicar un comentario