Benvidos e benvidas ao 3º TRIMESTRE!!


Espero que descansarades e o pasarades moi ben durante estas vacacións de Semana Santa. Agora toca traballar de novo💪💪.

Ao igual que fixemos no trimestre pasado, durante o tempo que estean suspendidas as clases, irei subindo actividades de repaso das diferentes áreas para que as descarguedes e así as poidades realizar.

** Se alguén ten problema para enviarme as tarefas ao correo electrónico atram88aya@gmail.com, avisádeme e buscamos outra vía.


Non dubidedes en contactar comigo para calquera aclaración. VÉMONOS PRONTO!

martes, 31 de marzo de 2020

TAREFAS MÉRCORES 1-04-2020

Hora de ler
Durante 10-15 minutos, cada neno/a realizará unha lectura silenciosa, sen axuda. Será el/ela quen escolla un libro, o que máis lle guste. 
Os adultos non deberemos intervir.

Lingua castelá

Matemáticas

Educación Física 
Continuamos coas actividades propostas pola profe Paula.

Ciencias sociais
Hoxe comezou un novo mes, o mes de abril. Así que  imos  repasar os meses do ano con esta canción.
Despois faremos a ficha.

Lingua galega
Cada un de vós debe buscar unha adiviña en galego. Cando a teñades, escribídea na vosa libreta/folio e facédelle un marco bonito ao seu arredor
A solución escribímola ao revés
Aquí vos deixo un exemplo:

Sabedes que é?

Ningún comentario:

Publicar un comentario