Benvidos e benvidas ao 3º TRIMESTRE!!


Espero que descansarades e o pasarades moi ben durante estas vacacións de Semana Santa. Agora toca traballar de novo💪💪.

Ao igual que fixemos no trimestre pasado, durante o tempo que estean suspendidas as clases, irei subindo actividades de repaso das diferentes áreas para que as descarguedes e así as poidades realizar.

** Se alguén ten problema para enviarme as tarefas ao correo electrónico atram88aya@gmail.com, avisádeme e buscamos outra vía.


Non dubidedes en contactar comigo para calquera aclaración. VÉMONOS PRONTO!

luns, 30 de marzo de 2020

TAREFAS MARTES 31-03-2020

Hora de ler

Durante 10-15 minutos, cada neno/a realizará unha lectura silenciosa, sen axuda. Será el/ela quen escolla un libro, o que máis lle guste. 
Os adultos non deberemos intervir.

Lingua castelá
Ficha de comprensión lectora

Matemáticas
Como cada martes toca traballar o razoamento e a lóxica matemática mediante o xogo. Neste caso propoño as seguintes páxinas online:
Xogo 1
Xogo 2 (Hay que pinchar en la flechita azul y seleccionar NIVELL 1)
Xogo 3

Inglés
Continuamos coas actividades propostas polo teacher Rafa.


Ciencias naturais
Ficha


Ciencias sociais  
Cada un de vós debe diseñar un cartel que axude a que as persoas coidemos mellor o noso planeta.

Ningún comentario:

Publicar un comentario