Benvidos e benvidas ao 3º TRIMESTRE!!


Espero que descansarades e o pasarades moi ben durante estas vacacións de Semana Santa. Agora toca traballar de novo💪💪.

Ao igual que fixemos no trimestre pasado, durante o tempo que estean suspendidas as clases, irei subindo actividades de repaso das diferentes áreas para que as descarguedes e así as poidades realizar.

** Se alguén ten problema para enviarme as tarefas ao correo electrónico atram88aya@gmail.com, avisádeme e buscamos outra vía.


Non dubidedes en contactar comigo para calquera aclaración. VÉMONOS PRONTO!

xoves, 2 de abril de 2020

ABALARMÓBIL

Mañá 3 de abril, a partir das 12:00h, estará dispoñible o boletín de notas do 2º trimestre a través da app. Se hai alguén que non pode visualizalo, por favor facédemo saber e buscamos outras vías.
Podedes mandar unha mensaxe a través da aplicación ou un correo electrónico a atram88aya@gmail.com

Calquera dúbida ou aclaración. Aquí estou😊

Ningún comentario:

Publicar un comentario