Benvidos e benvidas ao 3º TRIMESTRE!!


Espero que descansarades e o pasarades moi ben durante estas vacacións de Semana Santa. Agora toca traballar de novo💪💪.

Ao igual que fixemos no trimestre pasado, durante o tempo que estean suspendidas as clases, irei subindo actividades de repaso das diferentes áreas para que as descarguedes e así as poidades realizar.

** Se alguén ten problema para enviarme as tarefas ao correo electrónico atram88aya@gmail.com, avisádeme e buscamos outra vía.


Non dubidedes en contactar comigo para calquera aclaración. VÉMONOS PRONTO!

domingo, 19 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO

Esta semana conmemórase o DÍA DO LIBRO (23 de abril), por esta razón cada día recomendareivos unha ligazón a través da cal poderedes escoitar, ver ou ler un conto que vos propoño. Seguro vos van gustar!!



DENDE A BIBLIO DO COLE PROPÓÑENOS UNHA ACTIVIDADE CHULÍSIMA:


ESTAMOS CUBERTAS DE CREATIVIDADE!

Ben sabedes que @s verdadeir@s protagonistas na nosa biblio sodes tod@s vós, sin dúbida.  Pero este ano, que nos toca conmemorar o Día do Libro sen poder visitala, propoñémosvos que sexades tamén @s protagonistas das cubertas dos libros!! 
Escollede un libro que teñades na casa, ou algún do álbum que adxuntamos, e recreade a súa cuberta co que se vos ocorra, intentando representala o máis semellante posible.  Poñede en marcha toda a vosa creatividade e empregade o que teñades a man: materiais de refugallo, disfraces, maquillaxe, complementos...
Deixamos un álbum con algunhas capas de libros da nosa biblio que podedes empregar AQUÍ
Agardamos impacientes os envío e, en breve, compartiremos  as vosas cubertas creativas!

Podedes enviar as fotos por correo electrónico ou WhatsApp
Marta: atram88aya@gmail.com
Biblio: abibliodeleirado@gmail.com


A profe Noa fíxo algúns exemplos que vos poden dar unha idea:



Ningún comentario:

Publicar un comentario