Benvidos e benvidas ao 3º TRIMESTRE!!


Espero que descansarades e o pasarades moi ben durante estas vacacións de Semana Santa. Agora toca traballar de novo💪💪.

Ao igual que fixemos no trimestre pasado, durante o tempo que estean suspendidas as clases, irei subindo actividades de repaso das diferentes áreas para que as descarguedes e así as poidades realizar.

** Se alguén ten problema para enviarme as tarefas ao correo electrónico atram88aya@gmail.com, avisádeme e buscamos outra vía.


Non dubidedes en contactar comigo para calquera aclaración. VÉMONOS PRONTO!

martes, 21 de abril de 2020

TAREFAS MÉRCORES, 22-04-2020

Hora de ler
Durante 10-15 minutos, cada neno/a realizará unha lectura silenciosa, sen axuda. Será el/ela quen escolla un libro, o que máis lle guste. 
Os adultos non deberemos intervir.

Recomendación do día: Nube Branca quere ser astronauta. Autor: Pablo Nogueira
(Pica na imaxe para ler)

Lingua castelá
Hoy vamos a repasar el abecedario, que ya hace tiempo que no lo trabajamos. Primero puedes ver el vídeo y cantar para recordar las letras:
También puedes jugar a estos dos juegos para recordar el orden del albecedario:

Ahora toca trabajar en la libreta, debes escribir la fecha Miércoles, 22 - 04 - 2020 y escribir dos palabras que empiecen por:
A - B - C - D - E - F - G - H - I - J - K - L - M 

Por ejemplo:
A: Adam y acuarela
B: Boca y bizcocho

Matemáticas
Ficha

Educación física
Continuamos coas actividades  propostas por a profe Paula.

Lingua galega
Ficha

Ciencias sociais 
Xa levamos varios días traballando os meses e as estacións, agora é o turno de plasmalo nun mural. Cada un de vós debe dividir un folio en catro partes e escribir o nome de cada estación acompañado dun debuxo que faga referencia a ela ou mostrar como é unha mesma paisaxe en verán, outono, inverno e primavera
Podedes empregar algodón para a neve, plastilina para facer charcos... o que se vos ocorra.

Ningún comentario:

Publicar un comentario