HOXE É UN DÍA ESPECIAL É 23 DE ABRIL
DÍA DO LIBRO
E a mellor forma de celebralo é mergullándonos nas historias tan divertidas e emocionantes que se contan nos libros.
***************************
Hora de ler
Durante 10-15 minutos, cada neno/a realizará unha lectura silenciosa, sen axuda. Será el/ela quen escolla un libro, o que máis lle guste.
Os adultos non deberemos intervir.
Recomendación do día: La vaca que se subió a un árbol. Autor: Gemma Merino
(Pincha en la imagen para ver el cuento)
Matemáticas
Ciencias naturais
Mira o vídeo con atención e contesta na túa libreta as seguintes preguntas:- En que se diferenza un peixe dun réptil?
- En que se parecen unha tartaruga e un peixe?
Relixión
A profe Esther non vos deixa tarefa nova porque hai varios nenos/as que teñen tarefas atrasadas.
Lingua galega e castelá
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!
(Volvo a adxuntar a información)
DENDE A BIBLIO DO COLE PROPÓÑENOS UNHA ACTIVIDADE CHULÍSIMA:
ESTAMOS CUBERTAS DE CREATIVIDADE!
Ben sabedes que @s verdadeir@s protagonistas na nosa biblio sodes tod@s vós, sin dúbida. Pero este ano, que nos toca conmemorar o Día do Libro sen poder visitala, propoñémosvos que sexades tamén @s protagonistas das cubertas dos libros!!
Escollede un libro que teñades na casa, ou algún do álbum que adxuntamos, e recreade a súa cuberta co que se vos ocorra, intentando representala o máis semellante posible. Poñede en marcha toda a vosa creatividade e empregade o que teñades a man: materiais de refugallo, disfraces, maquillaxe, complementos...
Deixamos un álbum con algunhas capas de libros da nosa biblio que podedes empregar AQUÍ
Agardamos impacientes os envío e, en breve, compartiremos as vosas cubertas creativas!
Podedes enviar as fotos por correo electrónico ou WhatsApp.
Marta: atram88aya@gmail.com
Biblio: abibliodeleirado@gmail.com
Ningún comentario:
Publicar un comentario