Benvidos e benvidas ao 3º TRIMESTRE!!


Espero que descansarades e o pasarades moi ben durante estas vacacións de Semana Santa. Agora toca traballar de novo💪💪.

Ao igual que fixemos no trimestre pasado, durante o tempo que estean suspendidas as clases, irei subindo actividades de repaso das diferentes áreas para que as descarguedes e así as poidades realizar.

** Se alguén ten problema para enviarme as tarefas ao correo electrónico atram88aya@gmail.com, avisádeme e buscamos outra vía.


Non dubidedes en contactar comigo para calquera aclaración. VÉMONOS PRONTO!

xoves, 16 de abril de 2020

TAREFAS VENRES, 17-04-2020

Hora de ler
Durante 10-15 minutos, cada neno/a realizará unha lectura silenciosa, sen axuda. Será el/ela quen escolla un libro, o que máis lle guste. 
Os adultos non deberemos intervir.

Lingua galega

Matemáticas
Ficha

Inglés 
Rematar as tarefas propostas polo teacher Rafa o martes.

Música 
A profe Patri deixavos unha mensaxe coas tarefas para hoxe.

Plástica 
Esta semana vamos continuar creando obras tan chulas como as que levades facendo😍😍 Nesta ocasión necesitaremos papel de xornal ou revista e un folio ou cartoliña. Sobre o xornal debedes debuxar un animal ou paisaxe, recortalo e pegalo no folio. 
Non esquezades decorar o fondo.
Aquí vos deixo uns exemplos:






Ningún comentario:

Publicar un comentario