Benvidos e benvidas ao 3º TRIMESTRE!!


Espero que descansarades e o pasarades moi ben durante estas vacacións de Semana Santa. Agora toca traballar de novo💪💪.

Ao igual que fixemos no trimestre pasado, durante o tempo que estean suspendidas as clases, irei subindo actividades de repaso das diferentes áreas para que as descarguedes e así as poidades realizar.

** Se alguén ten problema para enviarme as tarefas ao correo electrónico atram88aya@gmail.com, avisádeme e buscamos outra vía.


Non dubidedes en contactar comigo para calquera aclaración. VÉMONOS PRONTO!

martes, 19 de maio de 2020

TRABALLOS DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Aquí podedes ver dous vídeos dos traballos que fixestes na Semana das Letras Galegas.
O primeiro é so dos nenos/as de 1º e o segundo do traballo de todos os compañeiros/as do cole 👏👏


Ningún comentario:

Publicar un comentario