Benvidos e benvidas ao 3º TRIMESTRE!!


Espero que descansarades e o pasarades moi ben durante estas vacacións de Semana Santa. Agora toca traballar de novo💪💪.

Ao igual que fixemos no trimestre pasado, durante o tempo que estean suspendidas as clases, irei subindo actividades de repaso das diferentes áreas para que as descarguedes e así as poidades realizar.

** Se alguén ten problema para enviarme as tarefas ao correo electrónico atram88aya@gmail.com, avisádeme e buscamos outra vía.


Non dubidedes en contactar comigo para calquera aclaración. VÉMONOS PRONTO!

luns, 18 de maio de 2020

TAREFAS, MARTES 19-05-2020

Hoxe é o encargado de saudarnos...
Hora de ler
Durante 10-15 minutos, cada neno/a realizará unha lectura silenciosa, sen axuda. Será el/ela quen escolla un libro, o que máis lle guste
Os adultos non deberemos intervir.

Matemáticas
Como cada martes toca traballar o razoamento e a lóxica matemática mediante o xogo. Neste caso propoño as seguintes páxinas online:

Ciencias naturais
Imos repasar a orixe dos alimentos. Podían se de orixe vexetal (proceden das plantas) ou de orixe animal (alimentos que conseguimos dos animais). A que xa te vas recordando?
Pois agora tes que escribir no teu caderno tres alimentos de orixe animal e outros tres de orixe vexetal.
Se queredes tamén podedes repasalo a través deste XOGO

Inglés
Realizar as tarefas que vos mandou por WhatsApp o teacher.

Ciencias sociais  
Sabes de que medio de transporte se trata? Abre ben as orellas, escoita  e identifica os sons. 

Escríbeos na libreta:
1. _____________
2. _____________
.
.
Lengua castellana
Elige dos de los medios de transporte anteriores y haz una frase con cada uno de ellos.


Ningún comentario:

Publicar un comentario