Benvidos e benvidas ao 3º TRIMESTRE!!


Espero que descansarades e o pasarades moi ben durante estas vacacións de Semana Santa. Agora toca traballar de novo💪💪.

Ao igual que fixemos no trimestre pasado, durante o tempo que estean suspendidas as clases, irei subindo actividades de repaso das diferentes áreas para que as descarguedes e así as poidades realizar.

** Se alguén ten problema para enviarme as tarefas ao correo electrónico atram88aya@gmail.com, avisádeme e buscamos outra vía.


Non dubidedes en contactar comigo para calquera aclaración. VÉMONOS PRONTO!

xoves, 21 de maio de 2020

TAREFAS VENRES, 22-05-2020

Hoxe danos os bos días...

Hora de ler
Durante 10-15 minutos, cada neno/a realizará unha lectura silenciosa, sen axuda. Será el/ela quen escolla un libro, o que máis lle guste
Os adultos non deberemos intervir.

Matemáticas

Lingua galega
Ficha

Inglés
Rematamos o traballo que vos propuxo Rafa polo WhatsApp.

Música
Rematamos a tarefa da semana pasada.
Pincando no enlace poderedes acceder as actividades do blog da profe Patri coas actividades propostas a semana pasada.


Plástica
Esta semana imos facer unha marioneta ou títere para contar contos e historias. Aquí vos deixo unhas ideas para facelas con materiais que temos na casa: calcetíns vellos, culleres de plástico, rollos de papel... 




Ningún comentario:

Publicar un comentario