Benvidos e benvidas ao 3º TRIMESTRE!!


Espero que descansarades e o pasarades moi ben durante estas vacacións de Semana Santa. Agora toca traballar de novo💪💪.

Ao igual que fixemos no trimestre pasado, durante o tempo que estean suspendidas as clases, irei subindo actividades de repaso das diferentes áreas para que as descarguedes e así as poidades realizar.

** Se alguén ten problema para enviarme as tarefas ao correo electrónico atram88aya@gmail.com, avisádeme e buscamos outra vía.


Non dubidedes en contactar comigo para calquera aclaración. VÉMONOS PRONTO!

martes, 5 de maio de 2020

TAREFAS MÉRCORES, 6-05-2020

Hora de ler
Durante 10-15 minutos, cada neno/a realizará unha lectura silenciosa, sen axuda. Será el/ela quen escolla un libro, o que máis lle guste. 
Os adultos non deberemos intervir.

Lingua castelá

Matemáticas
Comenzamos resolviendo dos de los problemas que habéis inventado. (El autor/autora de cada problema no tiene que volver a resolver el suyo)


No hace falta copiarlos, ponemos en el cuaderno PROBLEMA 1, lo resolvemos y escribimos la solución. Lo mismo con el PROBLEMA 2.
PROBLEMA 1

PROBLEMA 2

A continuación realizamos la ficha.

Educación física
Continuamos coas actividades  propostas por a profe Paula.

Lingua galega
Copia no teu caderno con moi boa letra o poema "MAIO FERMOSO" (texto que traballamos o luns 4 de maio). Se che apetece podes facer un debuxo del.

Ciencias sociais 
Mira o vídeo con atención. Despois, pensa nun invento que che gustaría que existise, debúxao e explica para que serviría.

Ningún comentario:

Publicar un comentario